BASE LEGAL (LEI 19/2013)
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo Goberno, recoñece o dereito da cidadanía a solicitar calquera información que conste en poder das institucións e organizacións públicas como consecuencia do desenvolvemento das súas funcións.
MEDIOS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INFORMACIÓN
Se quere exerce-lo seu dereito de acceso á información sobre cuestións relacionadas co Consello COLEF, pode enviarnos unha solicitude de información por calquera destas vías:
- A través do seguinte formulario
- Remitindo un correo electrónico a colef@colefgalicia.com. Para facilitar a localización da solicitude, rógase que no asunto do correo se indique: "Solicitude de acceso a información pública".
- Presencialmente, na sede do COLEF Galicia: Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Edificio FEUGA. Despacho 20. CP 15705. Santiago de Compostela.
- Por correo postal á dirección: Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Edificio FEUGA. Despacho 20. CP 15705. Santiago de Compostela.
- Por calquera dos outros medios de presentación previstos na lei.
REQUISITOS
- Identificación: nome e apelidos.
- Medio de contacto, preferiblemente electrónico.
PROCEDEMENTO
- Órgano competente para resolver: Xunta de Goberno do COLEF Galicia
- Recursos: contra a resolución da Xunta de Goberno do COLEF Galicia poderase interpoñer recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa. De maneira voluntaria, poderá interpoñer previamente reclamación perante este Colexio.